Na intersección entre arte e ciencia atópanse as ideas máis disruptivas do noso tempo, esas que desafían paradigmas e abren novos camiños cara ao futuro.
Este diálogo será protagonista na Xornada da Industria da X edición da Maker Faire Galicia, o próximo 13 de decembro no Biopolo da Sionlla, coa participación de Mónica Bello, historiadora de arte e comisaria, que desde 2015 lidera o programa Arts at CERN na European Organization for Nuclear Research, en Suiza.
En Arts at CERN, Mónica transformou o programa nun epicentro de colaboración artística e científica, promovendo residencias, exposicións e proxectos que conectan a creatividade coa investigación de vangarda.
Baixo a súa dirección, este proxecto único ampliou a súa rede internacional, permitindo que artistas de todo o mundo se mergullen no fascinante universo da física de partículas, creando novas perspectivas e conectando á sociedade co coñecemento científico.
A súa traxectoria inclúe fitos destacados como a comisaría do Pavillón Islandés na 59ª Bienal de Venecia en 2022, onde traballou co artista Sigurður Guðjónsson para explorar o impacto da tecnoloxía no arte contemporáneo.
A intervención de Mónica Bello na Maker Faire Galicia será unha oportunidade única para descubrir como o diálogo entre arte e ciencia pode transformar sectores estratéxicos e abordar retos globais.