Eduardo Fernández: Bioenxeñería para transformar vidas

Entre a enxeñaría, a neurociencia e a medicina atopamos avances que redefinen o noso entendemento das posibilidades humanas. A bioenxeñaría, un campo en constante evolución, está a desenvolver solucións que melloran a calidade de vida, especialmente para persoas con discapacidades visuais

Entre os líderes deste ámbito destaca o Dr. Eduardo Fernández, quen participará na Xornada da Industria da Maker Faire Galicia o 13 de decembro no Biopolo da Sionlla. Como Director do Instituto de Bioenxeñería da Universidade Miguel Hernández de Elche e director do grupo de Neuroenxeñaría Biomédica do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Bioenxeñaría, Biomateriais e Nanomedicina (CIBER-BBN), coordina un equipo de máis de 150 expertos/as e estudantes que traballan en proxectos pioneiros.

A súa investigación destaca pola creación de neuropróteses visuais, deseñadas para axudar ás persoas cegas a mellorar a súa percepción do entorno, e de interfaces cerebro-máquina que conectan o cerebro directamente con dispositivos tecnolóxicos. O traballo do seu equipo combina biomedicina e enxeñaría, enfocándose na biocompatibilidade dos implantes neurais e en sistemas avanzados de estimulación cerebral.

O Dr. Fernández organizou recentemente o Congreso Internacional The Brain and The Chip 2024, onde reuniu a destacados médicos e investigadores de todo o mundo, incluíndo especialistas en interfaces cerebro-ordenador, neurocirurxía, intelixencia artificial e neuroética. Entre os participantes destacou Daniel L. Adams, de Neuralink, quen explora os límites da neurotecnoloxía para restaurar funcións sensoriais e motoras perdidas, un campo no que o Dr. Fernández lidera investigacións punteiras.

Non perdas esta oportunidade para coñecer de preto os últimos avances en neuroenxeñaría e descubrir como a investigación pode transformar vidas. A cita, o 13 de decembro no Biopolo da Sionlla!