Charlas

Sen inscrición previa    16:30 - 17:00

Contido gravado

Ponentes

Alba Fernández Arias

Muller, muradá e impulsora da iniciativa Espazo A Maceta. Artista de corazón, arquitecta de formación, con máis de 15 anos de experiencia especializada en sustentabilidade, saúde e benestar con proxectos diseminados en distintas comunidades do planeta. Posúe unha extensa experiencia como deseñadora, abarcando desde o deseño de obxectos baseados en principios de circularidade e o deseño de espazos centrados nos usuarios, ata a creación de estratexias para a rexeneración de comunidades.

Espazo A Maceta, a súa recente iniciativa, é un espazo de coworking e acción cultural. Nace como resposta ás súas inquietudes e desexos, pero tamén como un lugar para a Comunidade.  Un espazo onde crear vínculos físicos e emocionais, e onde co-crear xuntas novas realidades desde Muros. 


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online