Proxectos

Academia Maker - Concello de Santiago

A Academia Maker foi un proxecto de formación intensiva tanto en metodoloxías de innovación coma en tecnoloxías como  impresión 3D, CNC, Micro:bit ou Arduino.

Estivo enfocado a perfís emprendedores ou persoas en busca activa de emprego maiores de 18 anos e tivo lugar o sábados desde a segunda semana de setembro ata fináis de outubro de 2023. Contou cun total de 34 horas de formación.

O proxecto contou con 8 seminarios abertos de 2 horas en diferentes tecnoloxías e cun formato Academia, para un grupo reducido, onde se desenvolveron proxectos desde cero ata chegar a prototipos funcionais.

 

Proxectos xurdidos da Academia Maker

Durante a Academia ideáronse 10 proxecto dos cales se desenvolveron 8 a nivel de prototipo funcional, os cales se poden visualizar a continuación en formato pdf:

SanPet – Dispensador de comida para mascotas

Ladrillo Termo Illante

Calculadora Básica con Arduino

Pistola de Auga Eléctrica

Guitarra de aprendizaxe

Art Toy Cepillo

SonGalego – Gaita Galega Electrónica

Protector de Pantalla Universal

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online