Proxectos

Basilisco estudio

Tratamos de realizar pezas escultóricas de diferente tipo e tamaño unindo técnicas tradicionais, modelado e moldeado con múltiples materiais, con outras máis modernas que podemos utilizar grazas a avances tecnolóxicos como o escaneo 3D, modelado dixital e impresión 3D. 

 

En que consiste o proxecto?
Tratamos de achegar técnicas tradicionais ao mundo maker, ás veces asociado unicamente á impresión 3D e aumentar as posibilidades de creación destes métodos tradicionais con novas tecnoloxías.


Cal é a finalidade deste proxecto?
Ensinar máis formas de crear aos interesados no mundo Maker. Poderán ver e tocar exemplos e ver todas as posibilidades de cada material.


Que achega  á Comunidade Maker?
Pode achegar moitas ideas e ferramentas ás persoas con inquietudes creativas.


Quen realizou o proxecto?
Manuel Martínez Álvarez

 

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online