¿En que consiste o proxecto?
Carmela foi quen de crear e liderar, cos apoios necesarios, a súa propia marca de bixuteria, amáis de contar coa carta de artesá expedida pola Fundación Artesania de Galicia e a certificación do obradoiro artesanal que de maneira oficial acreditan o seu traballo.
¿Cal é a finalidade deste proxecto?
Ademáis de dar visibilidade ao seu traballo, tamén se busca demostrar as capacidades que, como calquiera outra, tamén teñen as persoas con síndrome de Down.
¿Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Carmela empeza a traballar con abalorios, perlas, corais e pezas de metal. Vainos unindo e combinando minuciosamente coa axuda dunha lámpada lupa, debido aos importantes problemas de visión que padece dende nena, pero que en ningún caso supoñen un obstáculo para facer o que realmente lle gusta. E así, pouco a pouco o que nun día foron tediosas rutinas acaban por converterse en vistosas pezas de bixutería que reciben numerosos eloxios... Carmela, como mola!!! repítenlle sen cesar.
Primeiro foron os encargos para familiares e amigos. O boca a boca, as redes sociais e a repercusión do seu traballo en medios de comunicación a nivel nacional e tamén internacional fixeron o resto... Os produtos de Carmelamola non só se comercializan online (www.carmelamola.com) senón tamén a través dunha rede de puntos de venda.
Buscouse asociar a súa imaxe de marca a súa condición. A que se escolleu representa os tres cromosomas que caracterizan ás persoas coa Síndrome de Down.
En 2018 Carmelamola queda finalista na categoría de deseño de xoias do programa Xuventude Crea, que convoca a Xunta de Galicia.
En 2019 é seleccionada para final dos premios Yo PARTICIPO, que a Fundación Garrigou convoca a nivel nacional.
Tamén en 2019 consegue o premio eWoman Coruña ao mellor negocio online que concede o grupo Prensa Ibérica.
En 2020 recibe o premio EMPRENDE na categoría de Responsabilidade Social Corporativa que promove AJE A Coruña.
En 2022 a Confederación Nacional de Centros Especiais de Emprego recoñece o seu traballo co premio á integración laboral das persoas con discapacidade.
En 2023, despois de recibir a carta de artesá e a certificación de obradoiro artesanal, é seleccionada para entrar a formarparte do MERCADO DA DEPUTACIÓN que impulsa a Deputación Provincial da Coruña.
Tamén participou ao longo de todos estes anos en numerosos congresos, xornadas, obradoiros en centros da terceira idade e algún que outro mercado cos que seguir dando visibilidade ao seu traballo no mundo da artesanía.
¿Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Ao elexir unha peza feita por Carmela non só se está a mercar bixutería de calidade, senón que tamén se contribue a crear un mundo máis solidario, cunha clara mensaje de superación.
Carmelamola tamén está comprometida coa responsabilidade social, apoiando causas benéficas e promovendo prácticas sostibles no seu proceso de produción.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online