¿Quen realizou o proxecto?
Consellería de Educación. Dirección Xeral de Formación Profesional.
¿En que consiste o proxecto?
Centro educativo no que as ensinanzas teñen un carácter práctico, centradas nas destrezas necesarias para desenvolver un traballo moi específico como é a cantería.
Os alumnos e as alumnas son capaces de realizar todo tipo de elementos construtivos con técnicas tradicionais da cantería, dende sillares ata bóvedas de crucería, pasando por cruceiros e todo tipo de elementos pétreos. A maiores fórmanse noutras especialidades como a escultura, o modelado, o debuxo artístico, debuxo técnico e construción.
¿Cal é a finalidade deste proxecto?
Fornecer de profesionais altamente cualificados tanto ao sector productivo como a pequenos obradoiros que elaboran obras en pedra, e colaboran con proxectos de restauración e rehabilitación patrimonial.
¿Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
CIFP de nova creación.
¿Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Achegamento a un oficio tradicional fundamental en Galicia como é a cantería.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online