Xornadas abertas

Securitas Jacobe

Unha app coa que poderás manexar a seguridade no teu edificio.

Talionis

Emprego de contornas virtuais para o traballo de habilidades físicas e cognitivas en poboación maior e persoas con diversidade funcional.

Robots de Cinema

Creamos réplicas de robots de cinema e deseñamos próteses funcionais para nenos e nenas.

 

Quack Time Event

Espazo Gamer, ven a probar a demo!

Quack Time Event é o prototipo dun xogo de plataformas e quebracabezas en primeira persoa onde o xogador terá que sortear un templo en ruínas resolvendo os quebracabezas e incógnitas que se achan nel.

MiniTKL

Deseño e fabricación dun teclado mecánico concentrado na mínima expresión

Observación e estudo de aves

Achegarnos a través das novas tecnoloxías á investigación do medioambiente en concreto o estudo de aves

The Machine To Be Another (TMBA)

Actividade de Realidade Virtual inmersiva que tenta concienciar ao participante sobre as dificultades que vive unha persoa migrante


 

 

Triwee

Impresión 3D para todo o que imaxines

vrAse

As primeiras lentes 3D impresas en 3D.

 

 

XuvenCiencia

Pequenos experimentos cos kits de experimentación de XuvenCiencia (Fotometrix, Animal CSI, AquaLab, DNAMeat, VitroPlant, Photonics Explorer...)

Vémo-nos no Monte! (proxecto Erasmus+)

Rede transfronteiriza de brigadas semiprofesionais que realizan actuacións contra especies exóticas invasoras en hábitats galegos e do norte de Portugal.

USC

Proxectos do Grado de Robótica do Campus de Lugo - USC.

Ultramarte. Escola Libre de Arte

Ultramarte é unha casa creativa que ofrece workshops , clases de pintura e debuxo, talleres conscientes na natureza e atención plena.

Un proxecto para Henar

É un instrumento de percusión MIDI para tocar en casa e en vivo, deseñado con software e hardware de código aberto.

Mindcar. A carreira do pensamento

Consiste no uso de distintos prototipos mediante as ondas cerebrais, grazas ao programa Arduino que comparte unha conexión co sensor de EEG.

Maxia con Electrónica

Libro, con vídeos, ligazóns a compoñentes necesarios e grupo de telegram para dúbidas, no que ensino a crear efectos de ilusionismo con electrónica.

O CTI é o Centro de Tiflotecnología e Innovación e depende da Dirección de Autonomía Persoal, Accesibilidade, Tecnoloxía e Innovación da dirección Xeral da ONCE.

Despunte

Deseño 3D e maquetas interactivas.

Brazolinda

Xogos de mesa en galego

Art &Technology

Esculturas feitas a man e con impresión 3D. Ademais contase con proxectos de Arduino no ámbito delentretenimiento.

AMICOS

Amicos é unha asociación sin ánimo de lucro para atención e integración de persoas con discapacidade intelctual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias.

ARM2u

ARM2u deseña e desenvolve prótese de brazo electrónicas de baixo custo mediante tecnoloxía de impresión 3D.


O Rincón de Cherpero

Un podcast de divulgación científica, que se pode atopar en iVoox, onde se da a coñecer os proxectos da comunidade Maker de distintas temáticas.

GameMakers

Xogos de mesa realizados por nenos en Vermislab

A Biomecánica dende a Simulación Numérica

O Grupo de investigación DSN dará a coñecer as ferramentas que nos últimos anos ven desenvolvendo e empregando na análise de problemas biomecánicos.

 

Laddroller

Laddroller, a cadeira de rodas que cambia de forma, é o dispositivo de mobilidade de pé alcanzable que promove a saúde.

After Juice: Animal Disco Mafia

Espazo Gamer, ven a probar a demo!

 

Desenvolvemento do videoxogo After Juice: Animal Disco Mafia, onde o xogador controlará a un personaxe chamado Tofu, un hámster universitario que durante unha noite de festa na cidade perde de vista ao seu mellor amigo Churro. Isto provocará que deba atopalo, para iso, será necesario que explore as rúas de Furrol, interactuando cos distintos personaxes e elementos que se atopan dispostos pola cidade.

Grovemakers

Asociación fundada por creadores, deseñadores e artesáns para axuntar esforzos e logros.

Os Beneficios da domótica aplicada aos hoteis

Traballo de investigación de 2o de bacharelato realizado para mellorar e identificar o rendemento destas instalacións.

Robot Band

Buddy-kun é un robot que fala con todo o mundo, insignia e guía canto e ximnasia e toca instrumentos musicais en centros infantís e residencias de anciáns.

| hs

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online