¿Quen realizou o proxecto?
Son Paz, creadora de Haciendo el galgo. Fago a maioría dos produtos e accesorios no meu taller en Portosin con materiais da máxima proximidade posible.
¿En que consiste o proxecto?
Haciendo el galgo non só é unha marca de accesorios a medida para cans, senón que no meu perfil de redes sociais intento dar énfase a temas como a adopción responsable de cans, lifestyle de viaxes en furgo e na natureza.
¿Cal é a finalidade deste proxecto?
Haciendo el galgo naceu como unha forma de axudar a protectoras como a de Mulán (a galga que teño adoptada), a medida que foi crecendo convirteuse nunha marca de accesorios, pero a base segue ahí, xa que un 10% dos beneficios son doados cada mes a unha protectora ou refuxio encargado do coidado e rescate de animais.
¿Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
A partir das ideas de coleccións, todas teñen un porqué, falo coa ilustradora que traballa comigo para darlle forma, pedimos as telas, xa que os nosos deseños son únicos e orixinais, e unha vez que teño os tecidos, empezo a crear a colección desde cero.
Básicamente as miñas ferramentas de traballo son a máquina de coser (unha Refrey antiga de segunda man), agulla, dedal e fío.
¿Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
É un proxecto orixinal e diferente, que da a posibilidade de adquirir accesorios especiais para os membros da familia con catro patas, alonxándonos das grandes superficies, podendo comprar con conciencia, materiais de calidade e algo feito a man.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online