Proxectos

Lab Aberto Fablab

Lab Aberto é unha asociación maker e educativa, centrada na fabricación dixital, educación STEM, vínculos económicos e colaboración institucional.

 

En que consiste o proxecto?

Propoñemos levar a Maker Faire Galicia tres dos nosos proxectos:

- Arduino Física, un conxunto de actividades prácticas para alumnos e profesor utilizando Arduino para explorar conceptos e resultados de aprendizaxeda física;

- OpenBot, un robot diy entrenable AI-powered, modificado do proxecto orixinal OpenBot, ensamblado por estudantes e usado en actividadesde IA;

- BootCamp, o noso evento bianual que conecta a profesores, makers, empresas e institucións, nun evento de tres días con charlas,talleres, demostracións e bo humor.

 
Cal é a finalidade deste proxecto?

Os propósitos de Lab Aberto son varios: incentivar unha mellor conexión entre educadores e comunidade, explorar enfoques maker na educación, desenvolver proxectos creativos con escolas, empresas e institucións, posibilitar enfoques STEM e, como fablab, estar aberto á comunidade local.

 

Como funciona?

Como parte dos nosos estatutos, ao longo dos anos desenvolvemos varios proxectos. Algúns educativos, en colaboración con escolas locais e municipais, e outros baseados na creación. Somos un fablab aberto, cunha xornada mensual de actividades para o público en xeral. Tamén desenvolvemos feiras e demostracións a nivel local, así como actividades de divulgación entre a comunidade maker. O noso proxecto máis ambicioso é o BootCamp, un evento de tres días con charlas, demostracións, talleres e conferencias, conectando o global mundial de creadores (contamos con asistentes regulares e relatores de toda Europa e EE.UU.) coa comunidade local de creadores, reunindo fablabs portugueses, empresas e escolas para compartir experiencias.

 
Que achega  á Comunidade Maker?
 

Expoñeremos tres dos nosos proxectos, mostrando as conexións entre creación e educación, e como os sistemas escolares, profesores e alumnos poden beneficiarse dos enfoques maker para lograr unha experiencia de aprendizaxe máis significativa e profunda.

 

Quen realizou o proxecto?

Os proxectos presentados no fablab son desenvolvidos polos asociados, coordinados por António Gonçalves e João Simões, en colaboración con escolas e institucións.

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online