Proxectos

Ultramarte . La Casa Azul

Ultramarte é unha casa-escola-taller onde se desenvolven diversas dinámicas creativas através da experimentación e o xogo partindo do uso das cores.

 

En que consiste o proxecto?
Traballamos no desenvolvemento da comunidade que somos, apoiando o uso das Artes Plásticas como canle de expresión a través de talleres de pintura, debuxo, modelado, gravado ou cociña entre outros. As saídas á natureza para debuxar ao aire libre e as xornadas de arteterapia completan as nosas dinámicas.


Cal é a finalidade deste proxecto?
Achegar á comunidade máis próxima escolas , familias , experiencias distintas dentro da educación artística e a súa vinculación cos estados emocionais.


Que achega  á Comunidade Maker?
O mesmo que á nosa contorna máis próxima, avogar por unha educación artística e emocional máis creativa e nutridora .


Quen realizou o proxecto?
Paula Paradela e Jose Torres

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online