Obradoiros

David Rodriguez Piñeiro

29/06/2024

Só presencial

As cúpulas geodésicas son estruturas de gran beleza. O seu simetría e regularidade son visualmente moi atractivas. Poden construírse con diferentes materiais pero é a madeira a que lle dá ese matiz harmónico.

Neste taller construirase unha gran cúpula 1,8 metros!

Despois dunha breve introdución teórica, procederase a preparar o material (selección de conectores, corte das barras) para posteriormente ensamblarlo.

Entenderemos como se forman e veremos os patróns de pentágonos e hexágonos regulares e irregulares, entendendo a forza estrutural que dan os triángulos.

  • Duración: 2 horas
  • Idade: + 16 anos
Necesidades:

Aforo máximo 10 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERMELLA

 

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online