Obradoiros

José Manuel Nande Pazos (Acompañan: Raquel Pérez Fuentes y Eduardo Santos Baldomir)

29/06/2024

Só presencial

Os cristais kyber, tamén chamados cristais da vida ou simplemente kyber eran usados polos Jedi e os Sith como fontes de enerxía para os seus sabres de luz. Como parte do seu adestramento Jedi, os mozos Jedi eran enviados ao xeado planeta de Ilum para extraer os cristais e despois construír o seu propio sabre de luz. 
Neste taller poderás crear o teu propio cristal Kyber!

  • Duración: 90 min
  • Idade: + 8 anos
Necesidades:

Aforo máximo 25 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERDE

 

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online