Obradoiros

Javier Romera Moreno

03/06/2023   10:00 - 11:30
04/06/2023   10:00 - 11:30

Só presencial

Neste obradoiro de benestar dixital con Realidade virtual, aprenderás a manexar o impacto que a tecnoloxía e as redes sociais teñen no teu benestar emocional e físico. Descubrirás como utilizar a tecnoloxía de maneira máis consciente e equilibrada.

A través de actividades prácticas e dinámicas de impacto emocional positivo, explorarás estratexias para establecer límites saudables coa tecnoloxía, reducir a distracción e aumentar a produtividade. Tamén aprenderás técnicas de relaxación e meditación para combater a fatiga dixital e aumentar a enerxía e o enfoque.

 

Este obradoiro require inscrición previa. Inscríbete aquí

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online