Obradoiros

Miguel Ángel Vidal Martín

29/06/2024

Só presencial

Encartaremos bipirámides con papiroflexia modular para construír a inicial do teu nome. E despois poderás observar unha representación dun cadro de Mondrian utilizando esas bipirámides e tentar responder a unhas preguntas sobre o cadro.

  • Duración: 2 horas
  • Idade: + 8 anos acompañados dun familiar
Necesidades:

Aforo máximo 30 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERDE

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online