Obradoiros

 

29/06/2024

Só presencial

Trátase dun xogo de cartas para 4 persoas, que consiste en ir facendo experimentos aplicando os principios e vocabulario básicos da Computación cuántica (entrelazamento, superposición, portas, tempo de coherencia...) Cada persoa xestiona un centro de investigación cuántica e terá que aprender a realizar os experimentos no menor tempo posible, xestionando axeitadamente as cartas para optimizar eses movementos, xa que doutro xeito o experimento pode colapsar e habería que comezar de novo.


 

 

  • Duración: 2 horas
  • Idade: + 10 anos
Necesidades:

Aforo máximo 16 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade. 

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza. 

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERDE

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online