Obradoiros

OBO - We Teach Robotics: Marina González, Diego Garrido, Ramón González, David Fernández e Paloma González.

29/06/2024

Só presencial

Os participantes se sumergerán nunha emocionante aventura a través de Europa no noso escape room STEAM "Busca o Tesouro Escondido en Europa". Neste taller interactivo, os participantes embarcaranse nunha procura épica do tesouro secreto mentres exploran a historia, a cultura e a arquitectura do continente. Con pistas en diferentes idiomas, marcadores de Realidade Aumentada miniaturas de edificios impresos en 3D e unha lona detallada do mapa de Europa, os participantes mergullaranse nunha viaxe chea de desafíos e descubrimentos.

O obxectivo deste taller é proporcionar aos participantes unha experiencia educativa e emocionante que fomente a aprendizaxe STEAM e a colaboración en equipo. A través da resolución de enigmas e a procura do tesouro escondido, os participantes desenvolverán habilidades de resolución de problemas, pensamento crítico e creatividade, mentres exploran a diversidade cultural e a riqueza histórica de Europa. Ao finalizar o taller, os participantes fortalecerían a súa competencia dixital e experimentarían unha aventura educativa que os deixará con recordos duradeiros e unha maior apreciación polo patrimonio europeo.

  • Duración: 1 hora
  • Idade: + 10 anos
Necesidades:

Aforo máximo 12 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h.

 

ZONA VERMELLA

 

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online