Obradoiros

 

29/06/2024

Só presencial

A arte da tatuaxe consiste en alterar de maneira temporal ou permanente a cor da pel, sobra a que se plasma un debuxo, un patrón, unha figura ou un texto. A tatuaxe é unha práctica que é utilizada para identificar as diferentes culturas pero tamén está ligada á moda actual, aportando un elemento diferenciador e único a quen sexa portador deste tipo de arte no seu propio corpo. Neste obradoiro, achegarémonos ao mundo do Tattoo para coñecer os diferentes estilos, a maquinaria e utensilios utilizados nesta práctica e as técnicas aplicadas no proceso de tatuar facendo prácticas individuais sen agulla e posteriormente e xeito supervisado con ela sobre unha pel de laranxa.

  • Duración: 2 horas
  • Idade: + 12 anos
Necesidades:

Aforo máximo 15 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERMELLA

 

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online