A través destas mentorías queren axudar aos/as makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou que queren crear unha empresa que sexa escalable.
19/11 | 11:00hs
A través destas mentorías queren axudar aos/as makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou que queren crear unha empresa que sexa escalable.
19/11 | 17:00hs
Neste taller os/as participantes achegaranse a un novo concepto da moda que nos próximos anos propiciará un consumo intelixente e sostible no sector. Recibirán información sobre novos materiais, impresión en 3D ou e-téxtiles e iniciaranse en novas metodoloxías, técnicas do it yourself e ferramentas dixitais necesarias para a creación de proxectos vestibles.
Contido gravado
Bruno Moya, o maker que está a democratizar o sector da realidade mixta con Glassear, ofrecerá un taller para aprender a crear unha app de realidade aumentada en tan só 1 hora. A través do uso de programas como Unity 3D ou Vuforia, Bruno axudaranos a crear unha aplicación móbil de Realidade Aumentada, paso previo para a introdución na realidade mixta.
Contido gravado
Presentaranse diferentes exemplos de solucións matemáticas a problemas industriais reais e o correspondente valor engadido para a industria. A dixitalización dos procesos industriais como punto de partida para profundar a eficiencia e optimización dos recursos.
Contido gravado
Aprende a subir datos dunha máquina directamente á nube cun PLC M262 en protocolo HTTPS a Machine Advisor.
Contido gravado
Neste taller impartiranse nocións básicas de Ciberseguridade para profesionais. Trataranse temas como a identificación de riscos, medidas a aplicar ou a reacción fronte a determinados problemas.
Contido gravado
Neste taller poderás aprender a utilizar TWINCAT, un software que axuda a converter un ordenador nun equipo industrial, a través dun simulador en tempo real poderás seguir o paso a paso.
Contido gravado