Xornada educativa

Mentoría Startup Galicia

A través destas mentorías queren axudar aos/as makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou que queren crear unha empresa que sexa escalable.

20/11 | 11:00hs

Mentoría Startup Galicia

A través destas mentorías queren axudar aos/as makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou que queren crear unha empresa que sexa escalable.

20/11 | 17:00hs

Game Maker Jam

Este encontro, que se celebrará do 20 ao 22 de novembro, persegue fomentar a creatividade e o desenvolvemento de videoxogos, así como servir de plataforma na que coñecer a xente e establecer relacións entre os distintos participantes.

| hs

Introdución á robótica con Micro:BIT na aula

Aprendizaxe da lóxica  computacional a través da elaboración de proxectos con Micro:BIT, unha tarxeta programable moi utilizada en Reino Unido e que teñen un gran potencial para desenvolver actividades STEAM na aula.

 

Contido gravado

Introdución á robótica nunha contorna virtual con Mbot

Aprendizaxe de lóxica computacional e robótica a través dunha contorna virtual con Mbot. Profundarase sobre o concepto de programación, a definición de algoritmo, a contorna de programación, estruturas fundamentais de programación, mecánica básica e programación de robots, electrónica aplicada á programación (sensores e actuadores) ou simulación de manexo de robots.

 

Contido gravado

Coñecendo Makecode Arcade e o seu potencial educativo creando videoxogos

Neste taller repasarase a contorna de programación Makecode Arcade e como se pode aproveitar en educación para a creación de aplicacións temáticas. Veranse os factores que diferencian esta contorna doutras opcións e cales son os puntos fortes que poderían ser aproveitados en educación. Tamén se realizará un exemplo utilizando as funcións básicas da contorna creando un videoxogo sinxelo ou aplicación temática.


 

 

Contido gravado

Proxecto RIE - Novo método de ensinanza de robótica para Primaria e Secundaria

Neste taller os/as profesores/as aprenderán a ensinar robótica nos niveis iniciais de primaria, secundaria e extraescolares cun novo método chamado RIE. O novo proxecto de Robótica Integral Educativa foi desenvolto por varios profesores de robótica e coa experiencia acumulada de moitos anos na edición de libros técnicos de editorial Marcombo.

 

Contido gravado

E ao fin... computación cuántica para todos

Ismael Rozas, dsenvolvedor de Backend en IBM Research, axudará a entender que é a computación cuántica dunha maneira sinxela e para todos os públicos.

 

Contido gravado

Ciberseguridade para familias e educadores (con menores en idade escolar)

Neste taller impartiranse nocións básicas de Ciberseguridade para familias e educadores. Trataranse temas como o uso que fan os menores da internet, os riscos que se poden previr, a privacidade, identidade dixital e reputación en liña, ciberacoso ou como aprender a reaccionar fronte a segundo que problemas.

 

Contido gravado

E-téxtil na educación

Este taller serve de iniciación básica á electrónica e exploración de novas técnicas para a integración da tecnoloxía en téxtiles. O obxectivo é familiarizar aos educadores en novas metodoloxías e materiais para que estes poidan fabricar un prototipo dun dispositivo electrónico vestible.

 

Contido gravado

O Misterio da Mecánica Cuántica

Neste taller falarase do efecto túnel, da dualidade onda-partícula, do efecto fotoeléctrico, do gato de Schroedinger, da predición de Dirac, do principio de indeterminación de Heisenberg e de Richard Feynman. Todo iso desde unha formulación anecdótica e fácil de comprender.


 

 

Contido gravado

Aventuras Matemáticas

Neste taller exploraranse diferentes curiosidades das matemáticas desde unha perspectiva amena e fácil de comprender. Falarase de números, de como contar, de infinitos, de xeometría, de topoloxía, e de como a natureza segue paso a paso a doutrina dos números. Finalizará cunha impresionante anécdota do xenio matemático que foi Gauss.

Contido gravado

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online