Xornadas abertas

Startup Galicia da man, reunións personalizadas

A través destas mentorías Startup Galicia quere axudar aos/as makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou como escalala.

21/11 | 11:00hs

Game Maker Jam

Este encontro, que se celebrará do 20 ao 22 de novembro, persegue fomentar a creatividade e o desenvolvemento de videoxogos, así como servir de plataforma na que coñecer a xente e establecer relacións entre os distintos participantes.

| hs

Introdución á robótica con Micro:BIT

Neste taller aprenderás a lóxica computacional a través da elaboración de proxectos con Micro:BIT, unha tarxeta programable moi utilizada en Reino Unido e que teñen un gran potencial para desenvolver actividades STEAM.

Contido gravado

Introdución ao desenvolvemento de videoxogos básicos

Desenvolvemento dun videoxogo básico desde a ideación e estética ata a programación do mesmo. Profundarase no concepto de programación, a definición de algoritmo, traballásese con Interface Scratch, veranse as estruturas fundamentais de programación e dos videoxogos entre outros contidos.

Contido gravado

The Universal Fridge

O fin da pobreza (ODS1), fame cero (ODS2) ou igualdade de xénero (ODS5) son algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU. Estímase que, actualmente, 1.500 millóns de persoas en todo o mundo non dispoñen aínda da posibilidade de refrixerar os seus alimentos. Non ter acceso a unha neveira provoca que, maiormente as mulleres, teñan que estar atadas a cocíñalas día tras día, impedindo de maneira importante o seu progreso e desenvolvemento.

Contido gravado

Ciencia espacial e creación de foguetes

Neste taller farase unha introdución á ciencia espacial a través da experimentación con conceptos como a presión atmosférica ou a realización de reaccións químicas. Entre os temas para tratar estarán curiosidades sobre o universo ou a presión atmosférica. Finalmente elaborarase un foguete.

Contido gravado

Electrónica creativa con plastilina condutiva

Neste taller farase unha introdución á electrónica básica, electróns, circuítos básicos e traballarase a creatividade a través de plastilina condutiva e a elaboración de circuítos.

Contido gravado

Como facer papel reciclado na casa

Neste obradoiro aprenderás a fabricar papel a partir de papeis xa usados (folios, xornais, revistas…) empregando materiais de uso habitual en calquera fogar. A actividade iniciarase cunha pequena introdución sobre a necesidade de alongar o máximo posible a vida dos recursos para evitar que se esgoten. De seguido, pasarase ao desenvolvemento da actividade. Durante a mesma, partirase de papeis xa usados, que serán triturados para a obtención dunha pasta. Prensándoa e deixándoa secar, obterase o papel reciclado final.

Contido gravado

Constrúe un levitador ultrasónico sinxelo

Neste taller aprenderás a construír un levitador ultrasónico sinxelo formado por dous emisores ultrasónicos opostos. Estes emisores pódense sacar facilmente dun sensor de distancia ultrasónico (tipo HC-SR04). Un  arduino xerará sinais cadrados de 40 kHz, estes sinais se amplificarán cun driver L298N e excitarán os 2 emisores. Entre os emisores crearase unha onda estacionaria capaz de manter pequenos obxectos lixeiros no medio do aire. Para suxeitar os compoñentes utilizarase un pequeno soporte impreso en 3D.

Contido gravado

Constrúe un levitador ultrasónico sinxelo

Neste taller aprenderás a construír un levitador ultrasónico sinxelo formado por dous emisores ultrasónicos opostos. Estes emisores pódense sacar facilmente dun sensor de distancia ultrasónico (tipo HC-SR04). Un arduino xerará sinais cadrados de 40 kHz, estes sinais se amplificarán cun driver L298N e excitarán os 2 emisores. Entre os emisores crearase unha onda estacionaria capaz de manter pequenos obxectos lixeiros no medio do aire. Para suxeitar os compoñentes utilizarase un pequeno soporte impreso en 3D.

Contido gravado

Ludoteca dixital by Chafarís

Durante esta actividade trasladarase a ludoteca tradicional ás pantallas para xogar en familia doutro xeito. Tratarase de adaptar diferentes xogos de mesa ao formato online simplemente con materiais que todo o mundo teña en casa, con moita imaxinación e creatividade.

Contido gravado

A Ciberseguridade é parte do teu día a día

Neste taller impartiranse nocións básicas de Ciberseguridade para mozas a partir de 14 anos. Trataranse temas como o uso saudable da internet, aprender a identificar riscos, trataranse temas como o sexting, o grooming, o acoso e como reaccionar fronte a diferentes problemas.

Contido gravado

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online