Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Ponentes

Chus Prol

https://www.linkedin.com/in/chusprolcoworking/?originalSubdomain=es

Traballei dirixindo centros de traballo e equipos comerciais; fixen coaching; impartín formación en ventas e en marketing; axudei a persoas a sacar o mellor de sí mesmos en procesos de busca de emprego: ensinei español a inmigrantes; xestionei formación e non deixei de me formar. A educación e a didáctica é a outra forma coa que me achego ás persoas, a miña verdadeira vocación.

Fun fundadora e xestora de Doutroxeito Coworking (espazo que continúa a prestar servizos ainda que eu me desvinculara del) no que tiveron cabida coworkers empeñados en desenvolverse como persoas e como profesionais, onde contribuímos á dinamización da cidade e onde, como coworker me sumei a proxectos e iniciativas de xente que admiro.

Na actualidade son profe de secundaria de Lingua castelá e literatura, e trato de poñer en práctica nas aulas canto o mundo da empresa e as iniciativas colaborativas me levan ensinado.

 


Matilde Rodríguez Domínguez

https://ogatocosmicom.wordpress.com/

Matilde Rodríguez Domínguez (Beade, 1982): traxectoria profesional de 10 anos no ámbito da xestión cultural de proxectos multidisciplinares e comisariado de exposicións, especializada no ámbito da ilustración contemporánea.

Directora da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, co-directora do Festival Internacional de Animación, IMAXINARIA; e comisaria da exposición itinerante ILUSTRAD/AS: una mirada a la creación femenina en la ilustración de vanguardia para o Instituto Cervantes, actualmente en exhibición no Instituto Cervantes de Praga, despois de ter estado en Nova York, Chicago, París, Manchester, Belgrado, Frankfurt, Munich, Bucarest, Timisoara e Bruxelas.


Enrique Saavedra

https://www.vermislab.com/

Co-organizador Maker Faire Galicia


Marcos Saavedra Seoane

https://designthinking.gal/

Co-organizador Maker Faire Galicia


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online