Charlas

29/06/2024   20:00 - 20:30

Só presencial

Mary Iglesias  é unha cantante  de 17 anos con formación en linguaxe musical, voz, piano e guitarra, tamén estudios  de ballet. Aínda que interpreta todo tipo  de  estilos musicais  a súa preferencia é o blues; fai covers e tamén está a compoñer as súas propias cancións. Na actualidade é vocalista do grupo de rock Onda Dagda.

Para Mary a música é a súa vida, quere transmitirlle  ás persoas que a escoitan o que  sinte con cada canción.

Para ela a música é  o  linguaxe universal, ademais de transversal e solidaria e vai  máis alá do artístico, sempre que pode colabora con entidades culturais e sociais.

Estuda bacharelato de ciencias e quere acceder á carreira de Medicina; algún día gustaríalle adentrarse no campo da medicina que estuda e aplica  a música como ferramenta terapéutica.

Gañadora do Certame literario, da Terra Chá na categoría da muller na ciencia, tamén  no concurso de canto da Rockschool Spain 2022 e  do Canta con Ames 2022 , finalista do Quero Cantar 2023...

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online