Charlas

Sen inscrición previa    18:00 - 18:45

Contido gravado

Ponentes

Ana Ortega Perez-Cepeda

https://gruposocialonce.com/onceinnova

Ana Ortega é licenciada en Dirección e Administración de Empresas pola University College of Dublin - CESUGA ,Master en Dirección Pública e Liderazgo Institucional e Máster en IA para servizos públicos .


Ana é unha profesional versátil con experiencia internacional en países como Reino Unido, Rusia e Estados Unidos traballando en Organismos Internacionais como a Organización Panamericana da Saúde e o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID) onde se desempeñou como Especialista en Partnerships e Asesora do Secretario do Banco Interamericano de Desenvolvemento (Grupo BID).

Actualmente é parte do equipo ONCE innova e apoia no impulso á innovación na ONCE


Javier Merino Carbonell

https://gruposocialonce.com/onceinnova

Son membro do equipo ONCE Innova desde o principio desta iniciativa.  


Incorporeime ao Grupo Social ONCE en 2002 e, desde 2015, son Director Técnico de Sistemas da ONCE. Na área de Sistemas, deseñamos e propoñemos a estratexia no ámbito da tecnoloxía.

Encargámonos de coordinar as actividades de desenvolvemento, implantación e mantemento da arquitectura de sistemas e medios tecnolóxicos da Organización, velando pola accesibilidade de todos os sistemas de información da ONCE para as persoas con cegueira e discapacidade visual. Tamén impulsamos e coordinamos os proxectos de transformación dixital, que as áreas de xestión (Servizos Sociais, Xogo e Recursos) lideran nos seus respectivos ámbitos de traballo. 


Previamente, traballei en Total Gaming Systems, empresa do Grupo Social ONCE especializada na implementación de proxectos no ámbito do xogo, no sector asegurador (TIREA) e no sector de telecomunicacións (Grupo Telefónica), sempre en proxectos estreitamente ligados á tecnoloxía. 
Durante quince anos, compatibilicei a miña actividade profesional coa docencia na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid.  


Son Doutor Enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid e completei a miña formación en xestión no IESE (AMP). 


Francisco Vidal

https://gruposocialonce.com/onceinnova

Defínome como unha persoa de mente inquieta e iso lévame a estar en todo momento pensando en como optimizar as cousas.


Sempre estou disposto a axudar a todas as persoas que mo pidan. Desde que era pequeno fabricaba todo tipo de dispositivos utilizando os materiais que tiña a man reciclando todo o que conseguía.


No colexio a miña materia favorita era manualidades (tecnoloxía), todos os compañeiros querían formar parte do meu equipo e esa filosofía leveina a todos os ámbitos da miña vida. Mesmo fun protagonista no programa Bricomanía "A HABITACION FUTBOLEIRA".


Levo tres anos traballando en Once como vendedor ambulante e ao ver as necesidades que tiña comecei a fabricar material para o meu traballo. O resultado final foi o: "Expositor para venda ambulante".


Continuo con outros proxectos conxuntos como o "CICLONCE" con Violeta (CREATIVA), Genoveva (ASESORA) e eu (MAKER).


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online