Charlas

Sen inscrición previa    17:00 - 17:30

Contido gravado

Ponentes

Pablo Castiñeira

https://vellaescola.gal/

Teño 38 anos e sempre me dediquei á promoción de estilos de vida saudables nos mozos, en diferentes ámbitos relacionados co deporte, a cultura e a intervención social.

Son licenciado en Ciencias do Deporte e técnico superior en Xestión Comercial e Márketing, aínda que a miña paixón pola Cultura Urbana fixo que gran parte do meu tempo dedíqueo a investigar, innovar e xestionar proxectos relacionados con este ámbito en Galicia a través de Vella Escola, a entidade que dirixo e represento desde 2009. Desde entón e durante 15 anos de traxectoria, desenvolvín gran variedade de proxectos e servizos relacionados co que me apaixona. 

Recentemente publiquei "Somos Hip Hop", o primeiro libro a nivel mundial sobre Hip Hop con realidade aumentada e tamén o primeiro escrito en galego sobre este xénero.

A día de hoxe son pai de Río, un bebé incansable de tan só 15 meses de vida que me embarcou nun novo proceso de adaptación, dacabalo entre a contorna empresarial, o meu desenvolvemento persoal e a vida en familia


 

 


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online