Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Sátrapa é enerxía positiva en constante transformación; maniféstase en forma de diversas actuacións artísticas cheas de fantasía e sátira.

Os seus comezos foron de forma espontánea e imprevista. Non había nada planificado, ocorreu sen máis. Os seus primeiros pasos foron unhas obras pictóricas sobre retales de contrachapado, a modo de viñetas de cómic e con moita carga crítica. Neses soportes Sátrapa rapeaba coa pintura sen ter un estilo definido.


Ese foi un período moi intenso e de gran produción en canto a obras e, ao mesmo tempo, con progresos evidentes no uso de distintas técnicas pictóricas. Esta notoria evolución conclúe cun salto desde a pintura sobre táboas e cartón ás tres dimensións da escultura. É aquí onde aparecen de forma casual os primeiros androides, provocando unha revolución no universo do artista. Estes acontecementos obríganlle a tomar unha decisión e crea a FACTORÍA DE ANDROIDES.

 

Ponentes

Sátrapa

https://satrapa.es/

Sátrapa é enerxía positiva en constante transformación; maniféstase en forma de diversas actuacións artísticas cheas de fantasía e sátira.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online