Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Ponentes

Mariana Senín Santiago

https://www.instagram.com/nails__out/

Graduada en Historia da arte e fundadora de Nails Out, un proxecto que xorde do interese por explorar as posibilidades da nail art como disciplina artística. Para ela, a manicura é un medio de expresión a través do cal involucrar referencias de mundos como a pintura, a ilustración ou a moda.

Natural de Pontecesures e residente en Santiago de Compostela, ao longo do seu percorrido ten colaborado con diferentes espazos creativos e multidisciplinares en cidades como A Coruña, Ourense, Oviedo ou Barcelona. Ademais, recentemente iniciou o seu percorrido como formadora da man da Escola Unitaria (Santiago de Compostela), na que impartiu obradoiros de nail art e creatividade.

Información do proxecto:

Nails Out é un proxecto derivado do interese pola nail art como disciplina alén dos canons estéticos ou de xénero. A idea parte da concepción da manicura como xogo creativo que permite experimentar cos materiais e plasmar referencias visuais de todo tipo en pequenos lenzos que acompañan a quen os leva no seu día a día.

 

 

 


Manuel Fernández Fernández

https://www.facebook.com/sgmontedogozo/

Xerente de servizos de empresa en Servizos Gandeiros Monte do Gozo


Teresa Otero

Esta compostelá impartiu clases de matemáticas durante 35 anos no Instituto Antonio Fraguas ata a súa xubilación o pasado ano 2023. Apaixonada das mates desde ben pequena, interésase pola papiroflexia como medio para ensinar xeometría aos seus alumnos, é desde este punto onde podemos dicir que Teresa Otero reinventa o ensino das matemáticas a través do xogo e experiencia co papel. Unha paixón e habilidade que a acompañan agora fóra das aulas, xa que segue impartindo talleres de papiroflexia no hospital de Santiago, en centros de lecer etc.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online