Charlas

Sen inscrición previa    16:00 - 16:30

Contido gravado

Rural Hacking: Loitando contra o despoboamento en Galicia mediante tecnoloxía e a actitude maker

Nesta presentación exploraremos como a fusión de tecnoloxía, colaboración comunitaria e fomento dunha mentalidade maker contribúe significativamente a combater o despoboamento nas zonas rurais de Galicia. Centrándonos no caso de Anceu, unha aldea na provincia de Pontevedra con menos de 100 habitantes, destacaremos a iniciativa de Rural Hackers. Esta aldea transformouse nun nodo de innovación, atraendo a persoas creativas interesadas en aplicar tecnoloxía en contornas rurais. O proxecto incentivou non só a chegada de novos residentes, senón tamén a integración activa da comunidade local no proceso innovador, permitindo que solucións tecnolóxicas emerxan das necesidades e participación directa dos habitantes.


Rural Hackers organiza iniciativas no rural que inclúen tanto a expertos tecnolóxicos como a residentes locais, creando unha contorna de aprendizaxe recíproco onde se valoran os coñecementos tradicionais e os enfoques tecnolóxicos modernos. Este modelo non só demostrou ser efectivo en Anceu, senón que tamén é replicable noutros pobos de Galicia, axudando a combater o despoboamento e empoderando ás comunidades dos nosos pobos e aldeas para que sexan protagonistas do seu propio desenvolvemento sostible.


Nesta charla proporcionaremos ferramentas efectivas para xerar e replicar este impacto noutros contextos. Discutiremos boas prácticas neste tipo de contornas e presentaremos algúns dos proxectos implementados, comocursos de robótica, hackathons rurais, repair cafés, reparación de computadores, clases de informática, así como proxectos europeos que contribúen a esta dinamización.


Concluiremos cunha reflexión sobre como este modelo de colaboración e innovación aberta pode adaptarse a outras rexións con desafíos similares, trazando un camiño cara a un futuro máis conectado e sostible para toda Galicia. O noso obxectivo final é crear sinerxias con diferentes iniciativas que promovan a mentalidade maker, fortalecendo as nosas comunidades a través da innovación e a colaboración.

Ponentes

Ignacio Márquez

https://www.linkedin.com/in/ignacio-mrqz/

Experto en xestión de proxectos europeos con impacto social que busquen a revitalización comunitaria, Ignacio conta cun forte enfoque que busca utilizar a tecnoloxía para a transformación social. Co-fundador de Rural Hackers.


África Rodriguez

https://www.linkedin.com/in/rodriguezafricaruralhacker/

Apaixonada pola cultura colaborativa e xerente do espazo Arroelo Coworking space con mais de 10 añosde antiguedad, enfocada en desenvolvemento rural comunitario e en implementación de proxectos de innovación. Co-fundadora de Rural Hackers


Agustín Jamardo

https://www.linkedin.com/in/ajamardo/

Especialista en tecnoloxía e programación "back end", Agustín busca desde o seu espazo "Anceu Coliving"fundado hai 4 anos loitar contra o despoboamento e traer novas posibilidades ao rural galego. Co-fundador de RuralHackers.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online