Proxectos

Aulas Tecnópole

Cold vibes, deseño e construción dunha neveira apta e eficiente para o transporte de órganos.

 

En que consiste o proxecto?
Na construción e estudo dun prototipo de neveira apta para o transporte de órganos.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade deste proxecto é conseguir unha neveira apta para transportar órganos en condicións óptimas para o seu transplante dunha forma eficiente e económica.

 

Como funciona?
O proxecto funciona a base de placas Peltier, as cales son un sistema de arrefriado feito a base de cerámica, as cales no seu interior conteñen químicos semiconductores (telururo de bismuto e seleniuro de antimonio) xunto cun circuíto de Arduino montado desde cero e dous disipadores pasivos.

 

Que achega  á Comunidade Maker?
Achega unha mellora ás condicións de vida da sociedade ao tratarse unha forma segura e eficaz de transportar órganos. A maiores permite un control absoluto de todos os parámetros do órgano no seu transporte que nos permite eliminar o tempo que se perde ao revisar se o órgano está en condicións aptas para o seu transplante.

 

Quen realizou o proxecto?
Os alumnos das Aulas Tecnópole:
Hugo Arribas Álvarez, Aroa Álvarez Pérez, Catalina Riveiro Bouzas, Alejandro Fidalgo Álvarez.

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online