Proxectos

Taniwa Soluciones S.L.

Resib Labs é un laboratorio creado por un grupo de mozos/as apaixonados das tecnoloxías no cal poden dar renda solta a o seu enxeño e creatividade.

 

En que consiste o proxecto?

Ao longo deste ano e medio de andadura, demos vida a unha variedade de proxectos dos cales destacamos:

Unha maceta domótica que axuda co cultivo de plantas en interiores, permitindo a os usuarios cultivar plantas en condiciones adversas e monitorizar as condicións ambientais, como por exemplo a humidade da terra, de forma remota.

Un reloxo de xadrez, para facer mas interesantes as partidas. Conta con diversos tipos de partidas para que poida escoller o usuario.

Xogos Arcade, quixemos volver os orixes dos videoxogos coa creación dos nosos propios xogos de arcade nos cales terásque resolver unha serie de retos se queres chegar a meta.


Cal é a finalidade deste proxecto?

Este tipo de proxecto busca democratizar o acceso a tecnoloxía en todos os estratos sociais, facendo especial fincapé na poboación das zonas rurais cuxa dificultade de accesos a estes recursos e as comunidades de usuarios e maior. Enfocado inicialmente a todo o público e gracias a inestimable colaboración do Concello de Vilanova de Arousa se creou un polo formativo guiado chamado Salnés Campus do que ha xurdido este grupo auto organizado chamado Resib Labs cuxa finalidade é apoderar a xuventude con intereses tecnolóxicos é darlles un lugar.

 

Como funciona?

A Maceta Domótica utiliza unha combinación de díodos de luz vermella e azul como fonte de luz para o crecemento das plantas. Dita combinación de díodos proporciona un espectro de luz semellante ao do sol e incluso nos permite facer máis eficiente o cultivo destas plantas. Esta tecnoloxía está complementada por sensores de temperatura e humidade ambiental así coma de humidade da terra quenos permiten monitorizar dende o noso dispositivo o estado da planta e o seu ambiente, isto é grazas a placa Node MCU caque conta.

O reloxo de xadrez está creado cunha placa Arduino, dous botóns, un zumbador e unha pantalla LCD e é capaz de contar otempo de xogo para cada xogador, controlar quendas e proporcionar unha interfaz visual e auditiva para manter o xogo enmarcha de maneira efectiva. O usuario simplemente ten que escoller que tipo de partida quere xogar e logo terán querespectar as quenda ata que un dos participantes gañe ou se esgote o tempo.

Os videoxogos están creados na plataforma Makecode Arcade. Están deseñados para que o usuario teña que ir resolvendo retos para poder avanzar no xogo.

 

Que achega  á Comunidade Maker?

O noso proxecto de laboratorio tecnolóxico e os proxectos que se levan acabo nel aportan unha visión os xoves makers deque con ganas de aprender, crear e compartir coñecementos se poden crear proxectos tan interesantes como os que crearon os nosos integrantes.


Quen realizou o proxecto?

Todolos/as integrantes do laboratorio crearon un ou dous proxectos que se mostrarían no expositor.

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online