Proxectos

Os robots do Pazo - IES de Fene

Adaptamos a arte urbana das meninas de Canido (Ferrol) para que persoas con dificultades de visión puidesen gozar del. Para tal propósito, elaboramos maquetas nas que empregamos diferentes texturas, contorno 3D e o método constanz (un método universal que asigna cores a formas). Ademais, engadimos unha placa de audio que se activa co tacto e explica as obras. Para describir o contexto das maquetas tamén utilizamos códigos navilens que se activan desde diversos ángulos.

 

En que consiste o proxecto?
O proxecto ofrece unha experiencia inclusiva e enriquecedora polas rúas que forman as Meninas de Canido, situadas en Ferrol. Combinamos maquetas, placas táctiles e códigos Navilens para que unha persoa con dificultades visuais poida gozar da arte que percorre as rúas do barrio. 


Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade do proxecto é que persoas con dificultades de visión poidan gozar do arteurbano. O obxectivo a longo prazo é que o noso proxecto fágase realidade e que o barrio de Canido convértase no primeiro museo urbano que conte cun roteiro intelixente e inclusivo. Para chegar a esta realidade xa están a comezar os primeiros contactos entre Eduardo Hermida, o creador das meninas, e a ONCE, tanto para facer un deseño inicial como para estudar os medios de financiamento que existen.


Que achega  á Comunidade Maker?
Unha experiencia inclusiva na arte.


Quen realizou o proxecto?
Un grupo formado por 11 alumnos, chamado Vos robots do Pazo, e cinco profesores do IES de Fene.

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online