Proxectos

XuvenCiencia

XuvenCiencia ofrecerá na MakerFaire pequenos obradoiros que permitirán aos visitantes manipular os elementos dos kits e facer pequenos experimentos.

 

En que consiste o proxecto?

XuvenCiencia é un grupo docentes do Campus de Lugo da USC que desde 2013 ten desenvolvido un ambicioso proxecto de divulgación científica con tres vertentes: o Campus de Verán XuvenCiencia para adolescentes, xornadas para a formación de profesorado de ensino medio e un programa que leva a práctica investigadora ás aulas dos colexios e institutos a partir de kits de experimentación.


Cal é a finalidade deste proxecto?

A divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía e o fomento das vocacións científicas, especialmente entre o alumnado preuniversitario.

 

Que achega  á Comunidade Maker?

O Grupo XuvenCiencia desenvolve desde el 2013 kits de experimentación para a aula empregando a filosofía Maker: o fotómetro Fotometrix para a análise fotométrica do contido de proteínas no leite; o kit AquaLab para realizar un balance hídrico; o visor de fluorescencia do kit de xenética DNAMeat e outros.


Quen realizou o proxecto?

O Grupo XuvenCiencia de docentes do Campus de Lugo da USC

 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online