Proxectos

XuvenLab

XUVENLAB amosará os diferentes kits de experimentación científica á comunidade Maker. 


 

En que consiste o proxecto?

XuvenLab é unha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, que xorde a partir do grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo. O noso obxectivo é proporcionar ao profesorado de ensino medio unha versión mellorada dos kits de experimentación deseñados polo grupo XuvenCiencia para pór en práctica o método científico nas aulas. Así mesmo, ofrecemos o asesoramento necesario para implementar a súa utilización nos centros educativos a través de cursos para profesorado. Os nosos kits pretenden revolucionar a ensinanza das ciencias coa filosofía do aprender facendo e dar acceso á innovación científica desde os niveis preuniversitarios.


 

Cal é a finalidade deste proxecto?

XuvenLab pretende ser un referente na transferencia do coñecemento científico desenvolto na universidade; levando a práctica investigadora ás aulas a través destes kits, ofrecendo servizos de formación de profesorado, organizando xornadas de divulgación científica e campamentos de verán, onde uns dos nosos obxectivos é o fomento das vocacións científicas entre o alumnado preuniversitario.

 

Que achega  á Comunidade Maker?

XuvenLab amosará os kits de experimentación científica para a aula empregando a filosofía Maker: o fotómetro Fotometrix empregado para a análise fotométrica do contido de proteínas no leite e outras bebidas vexetais; o kit AquaLab para realizar un balance hídrico e comprobar o contido en auga en diferentes solos; o visor de fluorescencia do kit de xenética DNAMeat e outros.


Quen realizou o proxecto?

Helga Peral Varela, promotora da spin-off e demais socias e socios: Wajih Al-Soufi, Mercedes Novo Rodríguez, Marta López Alonso, Montserrat Valcárcel Armesto,Ana Couso Viana, Eva Cabanelas Dopazo, Juan Luis Fernández Lorenzo, Maribel quiroga Berdeal, Elena Freire Paz e Ana Cabana Iglesia.


 


 

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online