Obradoiros

Docentes colaboradores do Grupo XuvenCiencia. Alumnado do Campus de Lugo da USC.

29/06/2024

Só presencial

No obradoiro “Dío con luz” o alumnado desenvolve nun xogo o seu propio sistema de comunicación con fibra óptica. Aínda que a unha escala moito menor, este sistema é moi similar ao que conecta os computadores de todos os continentes e fai posible a existencia de Internet. Poderán enviar información en forma de pulsos de luz a través da fibra óptica, e faránolo empregando a súa propia linguaxe de sinais de luz, ou, como dirían os expertos, o seu propio «protocolo».

  • Duración: 1 hora
  • Idade: 10 a 16 anos
Necesidades:

Aforo máximo 12 participantes.

Os aforos están delimitados polas necesidades do taller e do organizador que desenvolve a actividade. Polo que cada taller pode ter un número de aforo sen depender do espazo que ocupa.

Inscrición presencial por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.

Se tendo inscrición non se presenta 5 minutos antes de dar comezo a actividade liberarase a súa praza.

Apertura de inscricións a partir das 9:30h

 

ZONA VERMELLA

 

Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da  Axenda Urbana 2030 de Santiago.


Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online