O sector da innovación social e o emprendemento está a crecer rapidamente en todo o mundo, impulsando iniciativas que melloran a calidade de vida das comunidades. Neste contexto, xorden proxectos con metodoloxías de intervención comunitaria que traballan conxuntamente coa cidadanía e as entidades para abordar problemas como a soidade non desexada, que afecta a un crecente número de persoas maiores, especialmente en áreas urbanas con redes de apoio debilitadas.
Un exemplo destacado deste tipo de iniciativas é o Proxecto Radars, coordinado por Clara Costas, que estará presente na próxima edición da Maker Faire Galicia, o 29 de xuño en Área Central. Clara Costas é unha socióloga e urbanista, cun DEA en Xeografía Humana, especializada en dinámicas urbanas. Ao longo da súa carreira, traballou para institucións como a Universidade de Barcelona, a Generalitat de Catalunya e o Concello de Barcelona, entre outros organismos privados. A súa experiencia no deseño e avaliación de políticas públicas, especialmente nos ámbitos das persoas maiores e a vivenda, posiciónaa como unha figura crave no campo da innovación social.
Desde 2018, Clara combina o seu labor investigador coa coordinación do Proxecto Radars. Esta iniciativa, liderada polos Servizos Sociais do Concello de Barcelona, emprega unha metodoloxía de intervención comunitaria para reducir o sentimento de soidade non desexada en máis de 2.000 persoas maiores na cidade. Traballando en conxunto coa cidadanía, entidades e recursos de cada barrio, o Proxecto Radars busca re-vincular ás persoas maiores coa súa contorna e fomentar as relacións veciñais. Deste xeito, non só increméntase a capacidade de detección de situacións de risco, senón que tamén se abordan de maneira máis efectiva.
A 10ª edición da Maker Faire Galicia destácase como un evento crave onde se combinan creatividade, tecnoloxía e compromiso social. A Xornada de Innovación Social e Emprendemento será o escenario perfecto para intercambiar ideas, aprender de experiencias exitosas e fortalecer o compromiso cunha sociedade máis inclusiva e solidaria. Non o perdas!