Chamada a voluntarios/as da  Maker  Faire Galicia

A Maker Faire Galicia é unha experiencia en si mesma… expositores locais, nacionais e de calquera parte do mundo, proxectos de temáticas moi diversas (desde artesanía ou música a impresión 3D, robótica ou ciencia), charlas, talleres para todas as idades, espectáculos de drons, shows musicais, concursos… unha oferta moi variada!

Pero para poder ofrecer todo isto necesitamos contar cun gran equipo e aí é onde a figura dos/as voluntarios/as é fundamental. Por iso hoxe abrimos a chamada a voluntarios/as para as xornadas presenciais da Maker Faire Galicia que se celebrarán do 2 ao 5 de xuño. 

Vivir a  Maker  Faire Galicia desde dentro é unha experiencia única e inesquecible, e se non cho crees… que llo pregunten aos voluntarios e voluntarias que repiten ano tras ano :D

Adaptaremos as tarefas á túa dispoñibilidade horaria e necesidades, cadraremos os grupos para que entre todos podamos darnos apoio, gozaremos da comida xuntos (e gratis!) e darémosvos 2 entradas e unha camiseta oficial da  Maker  Faire Galicia para ser recoñecidos como membros da organización :)

Non deixes escapar a oportunidade de pertencer ao equipo da  Maker  Faire Galicia e achegar o teu gran de area para conseguir que un ano máis este evento sexa todo un éxito :D

Inscríbeche enchendo este formulario, o prazo termina o 15 de maio!

Moitísimas grazas!