Proxectos

TritonTech

Sistema para a detección temperá de incendios mediante o sensorizado de áreas forestais. Apoiándonos en tecnoloxías LoRa IOT.

 

En que consiste o proxecto?
Un sistema avanzado para a detección temperá de incendios forestais mediante sensorización de áreas amplas, emprega tecnoloxía de comunicación LoRa IoT para asegurar un alcance extenso e unha eficiencia enerxética óptima. Este sistema está deseñado para minimizar os tempos de resposta e mellorar a precisión na detección de condicións propicias para incendios.

Os compoñentes clave do sistema son: Sensores Ambientais, Tecnoloxía LoRa IoT, Análise de Datos e Resposta Automática, Integración con Servizos de Emerxencia e Mantemento e Escalabilidade.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade deste proxecto é desenvolver e despregar un sistema de detección temperá de incendios forestais que utilice tecnoloxías avanzadas de sensorización e comunicación para protexer os nosos recursos naturais, preservar a biodiversidade e garantir a seguridade das comunidades próximas a áreas forestais. Así como minimizar o dano ecónomico causado por estes desastres naturais. Mediante a integración de sensores de humidade, temperatura e CO2 con tecnoloxía LoRa IoT, buscamos establecer unha rede robusta e eficiente capaz de monitorear vastas áreas forestais, detectando condicións de risco antes de que se convertan en incendios activos e poder saber se se están producindo canto antes.

 

Como funciona?
Para levar a cabo o desenvolvemento deste proxecto utilizamos unha estación central de LoRa (gateway) o cal se conecta coas estacións mediante Lora WAN. Estas estacións dispoñen dos sensores anteriormente mencionados. Os datos colleitados almacénanse nunha base de datos o cal posibilitaría o adestramento dun modelo de aprendizaxe automática para predición do risco de que se produza un incendio. Para a visualización da información dos sensores por parte dun usuario proporciónase unha interface web desenvolvida cun framework de python (Flask) e libraríaa de javascript React.

 

Que achega  á Comunidade Maker?
Os proxectos que combinan IoT e sensorización ambiental ofrecen unha oportunidade rica para a aprendizaxe práctica en campos como a electrónica, a programación e a xestión de datos. Ao traballar con tecnoloxías como LoRa e sensores de diversos tipos, os makers poden profundar o seu entendemento técnico e desenvolver habilidades en áreas emerxentes da tecnoloxía. Participar en proxectos que teñen un impacto directo na conservación do medio ambiente e a protección da vida e propiedades incentiva aos makers a aplicar as súas habilidades en proxectos cun impacto social positivo. Isto non só achega á comunidade global, senón que tamén enriquece o portafolio e a experiencia persoal de cada maker.


Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi realizado polos catro estudantes do grao de robótica que conforman este grupo. Ángel Jesús SuárezTorres, Jorge de la Fuente Requejo, Manuel Causín Fórneas e Lois Nodar Corral.

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online