Proxectos

CITIC - Talentos Inclusivos

Queremos incrementar o coñecemento da ciencia e tecnoloxía do alumnado non universitario e visibilizar a realidade das personas con discapacidade.

 

En que consiste o proxecto?
O obxectivo principal da iniciativa é dobre: por unha banda, incrementar o coñecemento e competencias no ámbito da ciencia e a tecnoloxía do alumnado non universitario; e por outro, visibilizar as problemáticas das persoas con diversidade funcional entre estudantes dos centros educativos.

A base metodolóxica do proxecto Talentos Inclusivos céntrase na realización de talleres participativos. O punto de partida de cada edición márcao a definición dos retos que as diferentes asociacións implicadas propoñen aos centros educativos participantes. Os talleres participativos confórmanse coa participación de novos estudantes, profesorado destes centros, persoas con discapacidade, profesionais de ASPACE Coruña, Amencer-APACE, APAMP e membros delCITIC.

Os retos tecnolóxicos resólvense empregando diferentes tecnoloxías: realidade aumentada (Scratch); robótica; domótica; produtos de apoio (Makey-Makey) e lecer accesibles (Micro:bit).

Os resultados son o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas accesibles, a experiencia vivida nos talleres e a difusión enmedios e na sociedade.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.

 

Como funciona?
Talentos Inclusivos é un proxecto cuxo éxito radica no traballo colaborativo dos diferentes axentes implicados. Ano tras ano van xurdindo novas alianzas que fortalecen a iniciativa e dan unha maior visibilidade ao proxecto.

A través da aprendizaxe colaborativa, a responsabilidade das actividades para realizar en cada edición de Talentos Inclusivos recae sobre un grupo de mozos e sobre as persoas con discapacidade, que estará continuamente apoiado polo profesorado asignado a cada grupo, xunto cos/as profesionais de ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e APAMP e polos/as investigadores/as do CITIC, que dinamizarán, supervisarán e titorizarán as actividades en todo o proceso.

Doutra banda, a solución tecnolóxica aos retos propostos créase conxuntamente entre os mozos e as persoas con discapacidade aplicando o Deseño Centrado no Usuario. Deste xeito, respectarase en todo o procedemento as opinións, percepcións e necesidades das persoas con PC; o cal lle outorga voz e voto a un colectivo en situación devulnerabilidad, e á súa vez, incita a súa motivación para participar na proposta e achega a ciencia a colectivos normalmente non participativos. Ademais, a colaboración voluntaria entre o profesorado dos centros educativos, xunto cos profesionais de ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e os membros do CITIC implicados, outorga unha perspectiva de colaboración entre diferentes axentes sociais dunha forma próxima e aberta, favorecendo a participación cidadá en actividades de investigación científica. Así mesmo, a través da metodoloxía aprendizaxe-servizo, promóvese a aprendizaxe do alumnado co servizo a unha solución que se ofrece á comunidade.

 

Que achega  á Comunidade Maker?
Por unha banda o desenvolvemento de solucións innovadoras que melloran as condicións de vida das persoas con discapacidade, a través de diferentes proxectos realizados por alumnado non universitario e que poden ser replicados, xa que se pon ao dispor de toda a sociedade unha memoria de desenvolvemento de cada proxecto na páxina web de Talentos Inclusivos: https://talentosinclusivos.citic.udc.es/

Ademais, esta iniciativa pon o foco en dar visibilidade á utilidade social da ciencia, baseándose nos principios da Investigación e Innovación Responsable (RRI), a través da colaboración directa e continua coa sociedade, neste caso en concreto con persoas con Parálise Cerebral (PC) e con divulgación a outros axentes da sociedade.

 

Quen realizou o proxecto?
Talentos Inclusivos é un proxecto que se desenvolve anualmente polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universida de dá Coruña (CITIC), ASPACE Coruña (Asociación de pais de persoas con parálise cerebral), Amencer-ASPACE, APAMP e o Concello da Coruña.

É promovido pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Mocidade e da Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na actualidade está a celebrarse a 4ª edición de Talentos Inclusivos, en paralelo ao desenvolvemento do curso académico 2023-2024.

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online