O foco principal desta conferencia será explorar a relación entre o mundo maker e a educación. Para iso contaremos coa presenza de referentes destacados no ámbito do maker. A inspiración e a aprendizaxe están garantidas!
O mozo Maker Samu deleitaranos coa súa charla sobre a arte como forma de expresión e comunicación.
Eva Cabanelas guiaranos pola importancia da divulgación científica.
Ademais, contaremos coa valiosa experiencia de Pablo de Miguel Morales de Autofabricantes, Jorge Sánchez López (Simón), enxeñeiro e codirector do Centro CeLeO, Xoan España, director Xeral e Transformación de Amicos, e Pablo Vilariño, instrutor de Tiflotecnoloxía e Braille na ONCE, que compartirán os seus coñecementos sobre inclusión e accesibilidade na comunidade Maker.
Pero iso non é todo. Tamén poderás gozar dunha gran variedade de proxectos seleccionados e participar en emocionantes obradoiros sobre #intelixenciaartificial, #Arduino, #micro:bit e moito máis!
Co seguinte formulario, o teu centro educativo poderá asegurar a súa participación no acto que terá lugar o venres 2 de xuño no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, de 9:30 a 14:00 horas.
Non perdas a oportunidade de formar parte deste evento único no que educación e creatividade conflúen dun xeito excepcional.