Aviso importante para todos os fans do movemento maker!

Temos o pracer de anunciar que xa están dispoñibles as gravacións de todas as charlas, mesas redondas e presentacións da última edición da Maker Faire Galicia 2023. É o momento de revivir os momentos máis emocionantes e aprender de expertos no campo da innovación, creatividade e inclusión!

Para acceder a elas só tes que ir á sección "Conversas" da nosa web. En cada sesión, atoparás a frase "Contido gravado" xunto a unha ligazón que te levará directamente ao vídeo correspondente.

Se aínda non te rexistrastes, non te preocupes. Só tes que rexistrarte co teu correo electrónico e contrasinal para acceder a todo o contido. É un proceso rápido e sinxelo que che permitirá gozar das túas gravacións e estar ao día das últimas tendencias do mundo dos creadores.

Se non puideches asistir en directo ou queres velos de novo, lembra que estas gravacións son unha valiosa fonte de coñecemento e que che darán a oportunidade de aprender dos principais expertos e makers que participaron nesta última edición de Maker Faire Galicia 2023.

E non esquezas compartir este contido con outros creadores e entusiastas da innovación!