César de la Fuente, o biomaker que está a revolucionar o mundo da saúde

Este ano, na Maker Faire Galicia, queriamos que o primeiro “hit” que anunciásemos fose alguén moi especial, alguén que puidese cambiar o mundo co seus proxectos e xa, se fose galego, pois moito mellor :)


Pois ben, conseguímolo, este ano estará con nós na Maker Faire Galicia César de la Fuente (A Coruña, 1986), o biotecnólogo galego coñecido últimamente polo test low cost de cartón para detectar o COVID-19 (máis maker imposible), pero que ten unha traxectoria que vai moito máis alá.


Este coruñés formado no Instituto Eusebio da Guarda (A Coruña) foise a León para licenciarse en Biotecnoloxía pola Universidade de León, continuou os seus estudos en Vancouver, realizou o postdoutorado no MIT (Massachusetts Institute of Technology) e desde 2019 investiga na Universidade de Pensilvania.


Entre os seus logros está o ser designado no ano 2019 polo MIT como un dos 35 mellores innovadores do mundo menores de 35 anos e no 2020 como o Mellor Investigador Xoven en enfermidades infecciosas en EEUU pola American Chemical Society.


César compartirá coñecemento con todos nós na Maker Faire Galicia 2021 durante a xornada de biotecnoloxía do 3 de xuño. Na súa ponencia falaranos dos seus inicios, de onde lle ven o de ser un biomaker e que nos pode ofrecer a biotecnoloxía nos próximos anos.


Se non volo queredes perder, rexistrádevos xa na nosa plataforma, recordade que é de balde!