Hackathon de tecnoloxías de apoio

En que consiste un hackathon?

Os primeiros hackathones eran encontros de desenvolvemento colaborativo de software que levaban a cabo nun ou dous días. Hoxe en día o termo volveuse moi popular e utilízase tamén para encontros para desenvolvemento de hardware, conceptualización de proxectos, redeseño de produtos ou servizos, etc… e que teñen en común a axilidade e o espazo temporal reducido.

Normalmente nun Hackathon exponse un reto ao principio e todos os equipos que participan traballan en resolvelo ata que finalice o tempo.

E un hackathon de tecnoloxías de apoio?

Este ano, na Maker Faire Galicia realizaremos o noso primeiro hackathon de tecnoloxías de apoio, o cal se dirixe á elaboración de proxectos que faciliten e melloren o día a día das persoas con diversidade funcional. Para a realización do mesmo contamos coa colaboración de ASPACE Coruña, ONCE e COGAMI en representación dos seus usuarios e do CITIC da UDC, onde levan tempo traballando en dar solución a estas necesidades.

É importante ter en conta que en España ao redor de 3,2 millóns de persoas son diversas funcionalmente e ven limitada a súa participación plena na comunidade. Este hackathon pretende contribuír a eliminar algunhas das barreiras coas que se atopan.

Cando e onde se celebrará?

Do 2 ao 5 de xuño durante a Maker Faire Galicia 2022 tanto en liña como fisicamente.

Que retos hai que resolver e en canto tempo?

A continuación podes consultar os diferentes retos encamiñadas a resolver problemas que se lle presentan ás persoas con diversidade principalmente das tres entidades participantes (ONCE, COGAMI e ASPACE Coruña).

ONCE: Recoñecemento facial para os porteiros automáticos.

Para que os porteiros automáticos sexan accesibles para as persoas con discapacidade visual e/ou  auditiva, deben incorporar algunhas tecnoloxías como cámaras de vídeo, sinal luminoso ou pulseira  vibradora, segundo as necesidades dos usuarios.

Neste reto, búscase desenvolver un sistema de recoñecemento facial con síntese de voz para os porteiros automáticos como sistema de seguridade que permita a unha persoa con discapacidade visual coñecer quen chamou á porta.

Se o dispositivo tivese ademais unha liña  braille, permitiría que as persoas con  sordoceguera puidesen saber o nome da persoa que chamou á porta. 

Aquí tedes información adicional:

https://antenas-parisat-madrid.com/blog/videoporteros-accesibles-para-todos/ 

COGAMI: Ramplas portátiles (estándar ou pregables):

Deseño e impresión dalgunha ferramenta de fácil transporte e colocación que permita salvar cunha cadeira de rodas un bordo estándar. Moitas persoas con mobilidade reducida atópanse a diario con este obstáculo, dos máis frecuentes, sen outra alternativa que variar o seu itinerario ou asumir un traxecto con risco para a súa seguridade persoal (calzada, accesos a garaxes etc.). As alternativas que existen son custosas e moitas persoas non poden asumir o seu importe. As medidas dun bordo estándar son de 50 x 30 x 15/12 cm.

Aquí tedes máis información:  

https://www.thingiverse.com/thing:213181https://www.rollarampiberica.com/producto/rampas-enrollables-dos-vias-30-cm-ancho/  

ASPACE Coruña: Timbre inalámbrico con pulsador: 

Trátase de adaptar un  pulsador inalámbrico, os que venden adoitan ser pequenos, polo que habería que cambiar o cableado para conectalo cun  pulsador (a poder ser de 6cm de diámetro). Podería estar todo incluído nunha caixa (en impresión 3D, madeira pouco pesada, de plástico…). O  pulsador debe estar colocado nunha parte da caixa que se vexa ben e accesible. As persoas usuarias utilizaríano para avisar á persoa que lles apoia nas necesidades básicas (especialmente no baño).

Aquí tedes información adicional:

http://www.crmfalbacete.org/recursosbajocoste/catalogo/Timbre_inalambrico_adaptado_para_pulsadores.pdf

Haberá ata o domingo 5 de xuño ás 14:00  h para terminar os proxectos. 

Para entender mellor que é unha tecnoloxía de apoio, podes visitar a base de datos de produtos de apoio de baixo custo do Centro de Recuperación de Persoas con Discapacidade Física de Albacete http://www.crmfalbacete.org/recursosbajocoste/listado_catalogo.asp 

Quen pode participar?

Calquera persoa que teña interese en poder axudar a mellorar a vida das persoas con diversidade funcional. Non hai un perfil determinado, nun equipo poden participar expertos/ as en tecnoloxía, makers de todo tipo, persoas que coñezan a problemática das persoas con discapacidade e calquera persoa con curiosidade que queira axudar.

Como me podo inscribir?

Para inscribirche só tes que apuntarche neste formulario e para participar terás que formar parte dun equipo.

Como se configuran os equipos?

Cada equipo terá que contar cun mínimo de tres integrantes e un máximo de 5.

Os equipos terán que contar con algún participante de forma presencial para realizar o prototipado do produto e a súa presentación, se a solución é física, ou só a súa presentación se é dixital.

Para axudarche con esta parte, unha vez inscríbasche, darémosche acceso a un slack co resto de participantes, onde poderás configurar o teu equipo de traballo tanto se participas de forma individual, o teu equipo é menor de tres persoas ou non contas cun representante que acuda fisicamente para prototipar e / ou presentar a solución.

Canto custa a inscrición e os materiais?

A inscrición é gratuíta e os materiais van depender da solución proposta, pero a organización da Make Faire Galicia poñerá ao dispor dos equipos de traballo material estándar para desenvolvementos de prototipos funcionais como impresoras 3D ou electrónica programable básica nun espazo reservado ao hackathon dentro do Museo Gaiás.

Ademais, os participantes no hackathon terán prioridade na inscrición ao taller de Masillas para o prototipado de produtos de apoio que impartirá Fátima García Doval o sábado 4 de xuño de 12 a 13 h no Museo Gaiás.

Quen será o xurado?

Representantes de CITIC (Centro de Investigación en tecnoloxías da información e as comunicacións) da Universidade da Coruña, Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Aspace Coruña (Asociación de pais de persoas con parálise cerebral), A ONCE e Maker Faire Galicia.

Que premios haberá?

O equipo gañador do hackathon recibirá un trofeo conmemorativo e obterá visibilidade en medios e RRSS, pero as auténticas gañadoras serán todas as persoas que vaian utilizar as solucións resultantes, as cales, tras recibir o feedback dos usuarios e desenvolvelas, serán compartidas en aberto.