Fai uns 4 anos coñecemos a Pepe cando Minimalism brand empezaba a comercializar unhas carteiras minimal moi innovadoras e estivo a piques de vir como expositor á Maker Faire Galicia para compartir o seu produto coa comunidade.
Desde entón, Minimalism pasou a ser unha das startups españolas con máis impacto e que conseguiu conectar con toda unha xeración que busca primeiro uns valores e logo un produto.
Minimalism brand caracterízase esteticamente por xogar con cores básicas e non marcar as produtos co seu logo, pero iso pasa a ser anecdótico cando coñeces como traballan. As súas pezas fabrícanse de forma consciente en Portugal con algodón 100% orgánico, compensan a pegada de carbono dos seus pedidos, co-deseñan produtos coa súa comunidade e son totalmente transparentes a nivel de negocio, tanto no prezo das pezas como nos resultados anuais.
Este proxecto, como Pepe, o seu CEO, é honestidade brutal, sentido común, optimismo e comunidade, algo que conecta totalmente con como entendemos a Maker Faire Galicia. Ademais de Minimalism, Pepe é fundador da axencia Be the client, creador de contido para youtube, podcaster no podcast “open Startups by Minimalism”, escritor sobre negocio e ecommerce e profesor en varias universidades. Un Maker con tódalas letras!
Por todo isto e moito máis que nos vai a contar, nesta edición da Maker Faire Galicia Pepe Martin vai ser quen abra as xornadas físicas da industria, que se celebrarán o día 2 de xuño no Museo Gaiás.