EDU OPEN SPACE MAKER FAIRE GALICIA 2021

Trátase dun evento totalmente aberto no que os asistentes sodes os propios protagonistas. Partiremos dunha temática central que será a innovación educativa e a partir de aí cada un de vós poderá propoñer unha temática que lle interese para debater durante o evento. Poderedes enviar as vosas temáticas a través deste formulario desde hoxe ata o 26 de maio.

Todas as temáticas propostas votaranse a través dunha enquisa que se enviará por mail o día 27 de maio. A idea é que todos os que queirades asistir a este evento enviedes unha proposta de temática e votedes aquelas que vos resulten de maior interese. As máis votadas serán os debates elixidos para o día do evento. Data límite para votar o 30 de maio.

O día do evento saberedes as temáticas elixidas. En cada charla deberá estar presente a persoa que a propuxo nun primeiro momento, para explicar aos participantes por que propuxo esa temática e cara a onde quere orientar o debate. Tras unha breve introdución/presentación, pedirase aos participantes que comecen a intervir dando as súas opinións sobre o tema en cuestión. Cada charla terá unha duración máxima de 30 minutos en total.

No evento debateranse en total sobre 4 temas, é dicir, haberá 4 charlas divididas en dous bloques de tempo, polo que haberá charlas simultáneas así que deixaremos tempo para que decidades en que charlas queredes participar e que vos dea tempo a acceder a elas sen problemas.

Ao terminar as charlas teremos tempo para volver á sala principal, coñecernos máis e facer  networking entre todos os asistentes ao evento.