Na ciencia ficción móstrannos displays capaces de proxectar gráficos tridimensionales no medio do aire e que varias persoas poden ver desde diferentes ángulos. Nesta charla repasaremos como de preto estamos de conseguir os hologramas que vemos nas películas.
21/11 | 16:00hs
Os proxectos europeos financiado pola Horizon 2020, e a BBI, BIOVOICES e BioBridges organizarán un Workshop na Maker Fair de Galicia co obxectivo involucrar a todos os actores e coñecer a importancia da colaboración e a comunicación no acceso dos bioprodutos ao mercado.
Contido gravado
A senda de transición cara un mundo máis sostible e a transformación cara novos modelos require de cambio e dun compromiso por parte de toda a sociedade e da súa colaboración a todos os niveis. Neste contexto, as industrias culturais e creativas sitúanse como o eixo vertebrador deste proceso, sendo ao mesmo tempo motor e facilitador.
Contido gravado
Os produtos de apoio son dispositivos creados especificamente para axudar ás persoas con diversidade funcional e persoas maiores a realizar diferentes actividades cotiás, de lecer, educativas e laborais. O prezo comercial destes produtos é excesivo e aínda quedan moitas necesidades que aínda non están cubertas polos dispositivos.
Contido gravado
A neurotecnoloxía é a intersección da tecnoloxía, medicina, psicoloxía e tecnoloxía. Os avances en neurociencia permítennos cada vez coñecer máis nosa mente. Pero como? Nesta charla exploraremos os fitos máis importantes en neurociencia que deron lugar a que hoxe en día existan tecnoloxías que nos permitan cousas como controlar un computador coa nosa mente ou dispositivos que poidan “ler” os nosos pensamentos.
Contido gravado
Carlos Muñoz conta a súa experiencia persoal e profesional lanzando N3xus, a comunidade emprendedora de referencia dentro da rede nacional Start Universe e a rede europea de ESTIEM. Compartirá como foi o proceso para xerar un movemento universitario sen precedente, que tan só en 2020 lograron un impacto en máis de 1200 estudantes, implicando a 52 empresas e organizacións. E dará as claves que debería saber todo emprendedor universitario poñendo en común os retos aos que se enfronta.
Contido gravado
Este proxecto social, dirixido por Manuela Carmena e María Noguerol, consegue a inserción de nais migrantes e expresidiarias grazas a unha segunda oportunidade na súa tenda física: Zapatelas.
Contido gravado
RR_ dTerritorio é o primeiro programa de impulso dun emprendemento social innovador nos territorios de Galicia.
Contido gravado
Unha das boas noticias que nos deixará o 2020 é como unha comunidade de makers autoorganizada axudou ao sistema sanitario de todo un país nos peores da pandemia.
Contido gravado
Tanto se es dos/as que cren que os videoxogos non serven para nada coma se consideras que son o único que importa, recomendámosche encarecidamente que non perdas esta mesa.
Contido gravado
Contido gravado