NeuroTechX facilita o avance da neurotecnoloxía mediante a creación de comunidades sólidas, a mellora do coñecemento e a promoción do desenvolvemento profesional. En Galicia contamos cun chapter de NeuroTechX (NeuroTechGAL), que tamén estará na feira.
Contido gravado
Contido gravado
A crise actual puxo en evidencia tanto a dependencia que a industria mundial ten de China como dos elementos físicos. Isto levou a falar cada vez máis da necesidade de repensar a forma na que fabricamos e sobre todo a forma na que achegamos valor.
Contido gravado
Máis que nunha época de cambios, cada vez son máis as voces que falan dun cambio de época. Novas tecnoloxías como a computación cuántica, o 5G ou a Intelixencia Artificial, prometen cambiar radicalmente o mundo como o coñecemos hoxe en día.
Contido gravado
Esta empresa galega con 12 anos de traxectoria dedícase ao desenvolvemento, deseño e construción de satélites dixitais, tanto software como hardware. Nos últimos anos recibiron numerosos recoñecementos e este ano foi elixida como Mellor Startup espacial nos South Europe Startup Awards (SESA).
Contido gravado
O potencial creativo dos perfís maker é indubidable, pero é suficiente para facer da súa paixón o seu medio de vida? Os procesos de aceleración son compatibles cos/as makers?
Contido gravado
Os/as makers competirán por conseguir un dos premios da xornada.
Contido gravado
Probablemente a industria que vexamos nos próximos 5 anos sexa moi diferente á que coñeciamos antes deste 2020. Nese cambio, hai unha serie de tecnoloxías, moitas delas Opensource, que xa están a mellorar moitos procesos e serán clave a curto prazo nun contexto como o actual.
Contido gravado
Nos últimos anos, a Maker Faire Galicia foi testemuña de proxectos incribles que foron desenvoltos por makers no seu tempo libre e con moi poucos medios.
Contido gravado
Nesta webinar presentaranse os 10 proxectos que acaban de ser seleccionados para participar na primeira edición desta incubadora.
Contido gravado
A democratización tecnolóxica ha suposto unha revolución en moitos sectores nos últimos anos e un deles foi o aeronáutico. Isto fixo posible un desenvolvemento moi potente no sector e que sexa moito máis accesible a todo o mundo.
Contido gravado
James Bruton antigo deseñador de xoguetes e actual youtuber do mundo maker e de robótica en xeral. Realizou proxectos incribles de código aberto que comparte con todo o mundo a través da súa canle, sendo un dos máis coñecidos o chamado Open Dog, un can robótico de código aberto que podes replicar na túa propia casa. Nesta charla falará de como o Open source pode beneficiar á industria tradicional.
Contido gravado
Moitas veces cando falamos de aplicación da tecnolóxica nun determinado sector, facémolo dun modo moi abstracto e pouco aterrado. Para evitar isto, configuramos esta mesa onde falaremos de casos reais cos seus protagonistas.
Contido gravado
Se hai un concepto que oímos de forma reiterada nos últimos meses foi o da economía circular. Realmente sabemos o que significa? é unha moda? veu para quedar? é un concepto xa caduco? que relación ten coa enerxía?
Contido gravado
O desperdicio dos alimentos é un dos grandes problemas que temos como sociedade e que ten un impacto moi negativo no planeta. Para solucionalo Maitane Alonso revolucionou a forma na que podemos conservalos, grazas a unha máquina de desenvolvemento propio e que lle reportou numerosos premios a nivel internacional.
Contido gravado
Nunha época onde coidar a saúde é fundamental esta app axúdanos a escoller comida real e a manter os nosos hábitos a través dunha comunidade moi activa.
Contido gravado
Os/as makers competirán por conseguir un dos premios da xornada
Contido gravado
Os/as makers competirán por conseguir un dos premios da xornada.
Contido gravado
A dixitalización é unha das macro tendencias dos últimos anos e neste 2020 creceu de forma exponencial. Pero como se pode levar a cabo no sector da alimentación e que nos pode achegar? Neste sentido o Opensource ten cabida a nivel industrial para implementar esta dixitalización?
Contido gravado
Os combustibles fósiles teñen data de caducidade e o planeta non se pode permitir a pegada de carbono actual. Para darlle a volta a esta situación, necesitamos apostar por enerxías limpas como o hidróxeno e levar adiante un proceso de transición ecolóxica.
Contido gravado
O futuro da Medicina pasa pola Medicina personalizada que nos permite facer tratamentos máis dirixidos para cada individuo aumentando a súa eficacia e diminuíndo os efectos adversos. Con esta perspectiva a xenómica xoga un papel esencial.
Contido gravado
Sabías que a industria téxtil é a segunda máis contaminante do mundo despois da petroleira?
Contido gravado
Contido gravado