Carlota Corzo, a maker galega da lista Forbes 30 under 30

Desde o inicio da Maker Faire Galicia sempre defendemos que o talento non ten idade, nin xénero, nin ámbito específico e que os perfís de makers, como a sociedade no seu conxunto, son moi diversos. Algúns exemplos son os e as minimakers que ano tras ano nos emocionan cos seus proxectos, Patelo cos seus motores en miniatura ou algúns dos hits das últimas edicións como Maitane AlonsoDavid Aguilar ou a  mismísima Gitanjali Rao que nos acompañará nesta edición.

Outro exemplo disto é Carlota Corzo, unha galega licenciada en Belas Artes que recentemente se fixo moi coñecida en toda España por formar parte da lista Forbes 30  under 30 (que selecciona ás 30 persoas máis influentes de España menores de 30 anos). Para situarnos na dimensión desta listaxe, comentar que entre eses 30 perfís están nomes como os de Ibai Chairos ou Rosalía.

Tras crear varias ONGs e detectar unha serie de necesidades a resolver, Carlota embarcouse en fundar unha startup chamada Lázzaro que aplica tecnoloxía blockchain para incorporar a trazabilidade ás doazóns, algo que revolucionou o sector.

Ademais disto e de non parar de recibir recoñecementos como o dos Premios Novos  MásHumano, as Mención Especial dos Premios de Tecnoloxía Humanitaria da Cruz Vermella Española ou o Product Hawkers Awards, está a cursar o Master  for Leadership Management da EU University en Alemaña, participa en numerosas exposicións cos seus traballos artísticos e está a escribir un libro sobre  polimatía.

Con todo este curriculum e o que lle queda por escribir a esta maker tan multidisciplinar, non podiamos elixir a ninguén mellor para inaugurar a xornada educativa do próximo 3 de xuño no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.