Realiza educación financeira para nenos, centros educativos e familias. A través de obradoiros e dinámicas sinxelas Lucía López Ferradás traslada por medio da experimentación os conceptos que todos necesitamos interiorizar para ter unha vida financeira máis saudable.
A Academia Maker foi un proxecto de formación intensiva tanto en metodoloxías de innovación coma en tecnoloxías como impresión 3D, CNC, Micro:bit ou Arduino.
Estudo de deseño de pezas de decoración feitas con impresión 3D. A emprendedora, Patricia Vilar Agra, formouse no grao de deseño de produto e sumoulle a súa experiencia no sector do moble para crear o estudo de deseño.
Aventura Plástica é un proxecto de sensibilización ambiental especializado en residuos plásticos.
Tratamos de realizar pezas escultóricas de diferente tipo e tamaño unindo técnicas tradicionais, modelado e moldeado con múltiples materiais, con outras máis modernas que podemos utilizar grazas a avances tecnolóxicos como o escaneo 3D, modelado dixital e impresión 3D.
Cold vibes, deseño e construción dunha neveira apta e eficiente para o transporte de órganos.
CibeRespect é un proxecto de divulgación e protección dos DDHH centrado na intersección entre migracións e novas tecnoloxías, especialmente Intelixencias Artificiais e Realidade Virtual
"Cidade Modular" é un proxecto que consiste na creación dunha cidade construída con módulos intercambiables de 4x4 cm. Estes módulos representan diferentes edificios da cidade e poden estar conectados eléctricamente ou non. Existe un módulo central que actúa como a central eléctrica, distribuíndo a corrente aos demais módulos da cidade.
O proxecto "Coches Antigos en Cartón FPV" consiste na creación de coches de estilo antigo feitos de cartón, controlados de maneira remota con visión en primeira persoa (FPV) a través de radio control. Os coches están equipados con volantes inalámbricos, proporcionando unha experiencia de condución realista e divertida.
"Como Ven os Insectos" é un proxecto do grupo de Biomakers que busca explorar e simular a visión dos insectos. Os alumnos estudaron diversos tipos de insectos e crearon prototipos robóticos deles. Ademais, desenvolveron unha máscara que simula a visión dos insectos, permitindo ás persoas experimentar como ven estes animais debido ao seu tipo único de ollos.
Trátase de un prototipo de contenedor intelixente, o cal ante a duda de saber ou non se se trata dun residuo orgánico el darache a resposta
O noso traballo sae a partir de traballar no mundo do cinema e da publicidade, polo que traemos pezas moi vistosas tanto de personaxes, como réplicas de obxectos históricos.
EmoXogosPerdouro é un emprendemento social que busca xerar impacto e está enfocado nas persoas, tanto no caso dos que “fabrican” os xogos (o alumnado do IES Perdouro) como no público ao que vai dirixido (centros educativos, asociacións e familias)
A produción, publicidade e comercialización de xogos creados polo alumnado do IES Perdouro, co fin de traballar aprendizaxes e xestión de emocións dende o xogo.
"Escape Ruuuum" é un escape room temático deseñado e construído polos alumnos, que mergulla aos participantes nunha historia emocionante e divertida. A narrativa xira ao redor duns granxeiros que son abducidos por alieníxenas, que son vacas doutra galaxia coa misión de liberar ás vacas da Terra. Os participantes deben escapar da nave alieníxena antes de que esta márchese do planeta, superando diversas probas e desafíos.
Proxecto 3D con Tinkercad: Contidos innovadores que exploran a cultura europea a través da construción de monumentos emblemáticos.
Sistema para a detección temperá de incendios mediante o sensorizado de áreas forestais. Apoiándonos en tecnoloxías LoRa IOT.
Uso de Arduino para crear proxectos que axuden a divulgar a importancia da auga, do seu uso racional
Mesa interactiva sobre nutrición saudable
Son Ana Moura, enfermeira de Hemodiálisis. Todo veu coa necesidade de facilitar chegar aos accesos vasculares usados en Hemodiálisis.
Proxecto integrador que fusiona o xadrez con todas as destrezas maker.
Representación dos expositores que fabriquei para o meu traballo e foron seleccionados no RETO INNOVA, tamén se vai a expoñer un novo traballo: o CICLONCE para o próximo RETO INNOVA no que participamos Violeta Sauca Bragado (CREATIVA), Genoveva Mateo Rodríguez ( ASESORA) e Francisco #Vidal Bernal (MAKER).
Lab Aberto é unha asociación maker e educativa, centrada na fabricación dixital, educación STEM, vínculos económicos e colaboración institucional.
LCD (Laboratório de Criatividade Digital) é un proxecto do Agrupamento de Escolas Venda do Pinheiro, centrado en STEAM e robótica.
Aquí ocorren cousas diferentes ao habitual no mundo da electrónica, a ilusión e a tecnoloxía únense neste lugar.
Deseño de museos virtuais con intelixencia artificial para introducir a intelixencia artificial nas aulas como recurso educativo.
"Play with Me" é unha innovadora bóla de metacrilato de 15 cm de diámetro, deseñada para o entretemento multijugador. Incorpora electrónica baseada en Microbit e pezas elaboradas mediante impresión 3D. Dentro da esfera atópase unha pequena canastra cun sensor que detecta cando a bóla entra, permitindo así diversos modos de xogo entre diferentes persoas.
Robots da 7º arte, funcionais. Así como próteses funcionais que xa foron entregadas a nenos.
O proxecto de reciclaxe de materiais céntrase na reutilización creativa e sostible de porexpan, papel e roupa. Os alumnos deseñaron e construíron diversos obxectos e produtos a partir destes materiais reciclados, promovendo a conciencia ambiental e a sustentabilidade. Entre os produtos creados atópanse xoias feitas con porexpan reciclado e acetona, papel reciclado e roupa para facer patronajes para bonecas como a Nancy.
Resib Labs é un laboratorio creado por un grupo de mozos/as apaixonados das tecnoloxías no cal poden dar renda solta a o seu enxeño e creatividade.
Creacións de madeira sobre Galicia e o camiño de Santiago. Mapas, Quebracabezas, Skylines e domos geodésicos.
Espello Intelixente DIY con asistente de voz e vídeo integrado.
Lentes intelixentes que detectan a radiación ultravioleta, mostrando a través dunha pequena pantalla a información ao usuario e cambiando de cor
Queremos incrementar o coñecemento da ciencia e tecnoloxía do alumnado non universitario e visibilizar a realidade das personas con discapacidade.
Explorando o papel dun estabilizador en dispositivos de asistencia á mobilidade. Estudo, deseño e creación dun dispositivo auxiliar para as muletas que permitan levar pequenas cargas sen derramar os líquidos.
"MineQuest" é un innovador xogo de mesa que combina probas no mundo físico con desafíos dentro do popular videoxogo Minecraft. Deseñado para poñer a proba as habilidades e coñecementos sobre Minecraft e o mundo maker, este xogo está composto por un taboleiro con 25 casas, cada unha correspondente a unha proba. As casas contan con sensores RFID para interactuar co xogador.
Adaptamos a arte urbana das meninas de Canido (Ferrol) para que persoas con dificultades de visión puidesen gozar del. Para tal propósito, elaboramos maquetas nas que empregamos diferentes texturas, contorno 3D e o método constanz (un método universal que asigna cores a formas). Ademais, engadimos unha placa de audio que se activa co tacto e explica as obras. Para describir o contexto das maquetas tamén utilizamos códigos navilens que se activan desde diversos ángulos.
Ultramarte é unha casa-escola-taller onde se desenvolven diversas dinámicas creativas através da experimentación e o xogo partindo do uso das cores.
Proxectos da Universidade da Coruña
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online